Matrícula en prácticas en empresas ou institucións
Solicitude de matrícula para realizar prácticas en empresas ou institucións
Identificación
Código: PXA-03/11
Nome: Matrícula en prácticas en empresas ou institucións .
Clasificación: Xestión académica, Matrícula, Outras actividades.
Inicio e instrucións
FINALIDADE
Este procedemento está dirixido ao alumnado seleccionado para realizar prácticas en empresas ou en institucións públicas ou privadas, de acordo coa normativa de prácticas en empresas e institucións.
DESCRICIÓN
O procedemento iníciase mediante solicitude do alumnado seleccionado para realizar prácticas, que deberá dirixila á Unidade de Xestión Académica correspondente no prazo establecido pola normativa aplicable, unha vez que sexa notificado ou que se publique a relación de admitidos. Para a solicitude deberá realizar os seguintes pasos:
1.- Descargar e cubrir o formulario de solicitude que se pode atopar entre os documentos asociados a este procedemento, en formato Word ou Open Office.
2.- Gardar o documento no propio computador.
3.- Para este paso, é preciso dispoñer dun programa de conversión de documentos a formato PDF, (existen numerosas versións gratuítas accesibles en internet). Deberá premer en "Arquivo", a continuación en "Gardar como" e seleccionar o formato PDF, ou ben, premer en "Imprimir" e seleccionar como impresora calquera que converta o documento nese formato.
4.- Ir, dentro do apartado “Servizos persoais” da sede, á opción “Rexistro electrónico” e, despois de encher os datos que se solicitan, xuntar á solicitude o documento gardado previamente e realizar o rexistro.
A Unidade de Xestión Académica verificará que o alumno solicitante está admitido ou autorizado, notificando ao alumno o xustificante da súa matrícula ou a resolución desfavorable no caso de non cumprir a normativa.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso – administrativo no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á recepción. Non obstante, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, perante o órgano que ditou a resolución, debendo esperar á resolución deste recurso, no suposto de querer acudir á vía contencioso – administrativa.
A falta de resposta por parte da universidade, faculta ao interesado para entender desestimada a súa solicitude, por silencio administrativo negativo.