Ir ao contido da páxina

Solicitude de compatibilidade con actividades públicas ou privadas

Este procedemento serve para solicitar a compatibilidade do posto desenvolvido na USC cunha segunda actividade, pública ou privada.

Identificación

Código: XP-01/2

Nome: Solicitude de compatibilidade con actividades públicas ou privadas.

Clasificación: Xestión de persoal, Expediente persoal, Compatibilidade.

Inicio e instrucións

Enderezo de inicio: Solicitude de compatibilidade

FINALIDADE

Este procedemento serve para solicitar a compatibilidade do posto desenvolvido na USC cunha segunda actividade, pública ou privada.

DESCRICIÓN

O procedemento iníciase coa presentación da solicitude no rexistro da universidade. No enderezo de inicio do procedemento está dispoñible o formulario que se debe cubrir e asinar de xeito electrónico.

A solicitude preséntase con carácter previo ao inicio da segunda actividade, dirixida ao Servizo de Xestión de Persoal. A dita solicitude deberá ir acompañada da documentación establecida na normativa aplicable, que se indica no documento “Información solicitude compatibilidade”.

O Servizo de Xestión de Persoal recibe e tramita a solicitude.

O procedemento remata coa resolución do reitor, concedendo ou denegando a solicitude, que se lle notifica á persoa interesada.

O prazo para resolver a solicitude de autorización de compatibilidade (actividade pública) é de 4 meses. En caso de non resolverse en dito prazo o silencio é negativo.

O prazo para resolver a solicitude de recoñecemento de compatibilidade (actividade privada) é de 3 meses. En caso de non resolverse en dito prazo o silencio é negativo.

Documentación asociada ó procedemento