Ir ao contido da p�xina

Dereito de acceso á información pública

Serve para que os cidadáns poidan solicitar aquela información pública a que teñen dereito de acordo co artigo 12 e 13 da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.

Identificación

Código: DAI-1

Nome: Dereito de acceso á información pública.

Clasificación: Transparencia, Dereitos a exercer na sede, Acceso á información pública.

Inicio e instrucións

Enderezo de inicio: Dereito de acceso á información pública

FINALIDADE

Serve para que os cidadáns poidan solicitar aquela información pública a que teñen dereito de acordo co artigo 12 e 13 da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.

DESCRICIÓN

O procedemento iníciase coa presentación da solicitude no rexistro da universidade. No enderezo de inicio do procedemento está dispoñible o formulario que se debe cubrir e asinar de xeito electrónico.

A persoa interesada deberá especificar na súa solicitude a qué información quere ter acceso e poderá acompañar á solicitude calquera documento que estime procedente para acreditar ou aclarar a mesma.

Unha vez presentada a solicitude a Secretaría Xeral da USC, no prazo de un mes contado dende a recepción da solicitude resolverá facilitando a información solicitada ou rexeitando a solicitude cando a mesma se refira a algunha da información cuxo acceso estea limitado conforme o artigo 14 da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, ou vulnere o dereito de protección de datos de carácter persoal protexidos pola Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.

Transcorrido o prazo para resolver sen que se ditase e notificase resolución expresa, entenderase que a solicitude foi desestimada.

Contra toda resolución expresa o presunta en materia de acceso os interesados poderán interpoñer unha reclamación perante o Valedor do Pobo, de acordo co establecido co artigo 28.1 da Lei de Galicia 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. Esta reclamación terá carácter substitutiva dos recursos administrativos, así como un carácter potestativo e previo á impugnación en vía contencioso-administrativa.

Se o interesado non quere facer uso da reclamación perante o Valedor do Pobo regulada no artigo 28.1 da Lei de Galicia 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte á recepción da resolución da súa solicitude de acceso.

Documentación asociada ó procedemento