Solicitude de recusación
Presentación de solicitude de recusación.
Identificación
Código: RR-02/1
Nome: Solicitude de recusación.
Clasificación: Recursos e reclamacións, Recusacións, Recusacións xerais.
Inicio e instrucións
Enderezo de inicio: Solicitude de recusación
FINALIDADE
Este procedemento serve para dar cumprimento ao artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro de réxime xurídico do sector público, no senso de que calquera interesado poderá pedir a recusación dunha autoridade ou persoal ao servizo da USC que interveñan no procedemento, cando considere que concorren nel algún dos motivos abstención recollidos no artigo 23 da citada lei.
DESCRICIÓN
O procedemento iníciase coa presentación da solicitude no rexistro da universidade. No enderezo de inicio do procedemento está dispoñible o formulario que se debe cubrir e asinar de xeito electrónico.
Os prazos para presentación e resolución da recusación son os establecidos no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro de réxime xurídico do sector público, que pode consultar en:
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2015-10566