Solicitude de abstención do profesorado no procedemento de cualificación
Serve para que calquera profesor poida pedir a súa abstención no procedemento de cualificación do alumnado.
Identificación
Código: AR-01/1
Nome: Solicitude de abstención do profesorado no procedemento de cualificación.
Clasificación: Abstencións e Recusacións, Abstencións, Abstención cualificación.
Inicio e instrucións
O procedemento pode iniciarse nos seguintes puntos de entrada:-
Solicitude abstención cualificación
Solicitude de abstención de cualificación -
Proposta profesor/a substituto/a
Propuesta de profesor/a substituto/a
FINALIDADE
Este procedemento serve para dar cumprimento ao artigo 23 da Lei 40/2015, de 1 de outubro de réxime xurídico do sector público e á Instrucción da Secretaría Xeral nº 1/2005 sobre o trámite de abstención no procedemento de cualificación, no senso de que calquera profesor/a deberá pedir a súa abstención no procedemento de cualificación do alumnado, cando considere que concorren nel algún dos motivos de abstención recollidos no citado artigo.
DESCRICIÓN
O procedemento iníciase coa presentación da solicitude no rexistro da universidade. No enderezo de inicio do procedemento está dispoñible o formulario que se debe cubrir.
Unha vez recibido polo Servizo da Asesoría Xurídica solicitase do Director/a do departamento proposta de profesor/a substituto/a.
Normativa de aplicación:
- Instrución da Secretaría Xeral nº 1/2005 do trámite de abstención no procedemento de cualificación
- Lei 40/2015, de 1 de outubro de réxime xurídico do sector público