Ir ao contido da páxina

Solicitude para optar aos premios extraordinarios de doutoramento

Este procedemento serve para solicitar a participación na convocatoria de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios extraordinarios de doutoramento.

Identificación

Código: PM-01/1

Nome: Solicitude para optar aos premios extraordinarios de doutoramento.

Clasificación: Premios, Doutoramento, Premio extraordinario de doutoramento.

Inicio e instrucións

O procedemento pode iniciarse nos seguintes puntos de entrada:

FINALIDADE

Este procedemento serve para solicitar a participación na convocatoria de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios extraordinarios de doutoramento. Poderán participar os doutores e as doutoras cuxa tese fose defendida no período sinalado na convocatoria, e que a tese fose cualificada polo tribunal como “apto” ou “sobresaliente” e se lle entregase a mención “cum laude”.

DESCRICIÓN

O procedemento iníciase coa presentación da solicitude. No enderezo de inicio do procedemento está dispoñible o formulario que se debe cubrir e asinar de xeito electrónico.

O Centro Internacional de Estudos de Doutoramento e Avanzados da USC (CIEDUS) recibe e tramita a solicitude.

As persoas interesadas poderán efectuar alegacións ás puntuacións provisorias a través do formulario indicado no enderezo de inicio.

O procedemento remata coa resolución do Consello de Goberno.

Documentación asociada ó procedemento