Denuncia recollida no Protocolo fronte ás violencias sexuais e o acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade ou expresión de xénero na USC
Solicitude de incoación do procedemento de actuación regulado no título V do Protocolo fronte ás violencias sexuais e o acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade ou expresión de xénero na USC
Identificación
Código: LDA/01
Nome: Denuncia recollida no Protocolo fronte ás violencias sexuais e o acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade ou expresión de xénero na USC.
Clasificación: Loita contra a discriminación e o acoso, Denuncias, Acoso sexual.
Inicio e instrucións
Enderezo de inicio: Solicitude
FINALIDADE
Inicio do procedemento de actuación do Protocolo fronte as violencias sexuais e o acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade ou expresión de xénero.
DESCRICIÓN
O proceso iníciase coa presentación da denuncia:
O procedemento fronte a condutas de acoso poderá iniciarse de oficio ou a instancia da persoa interesada ou das entidades que establece este Protocolo.
Poderá iniciarse de oficio cando se detecten posibles casos dos comprendidos neste Protocolo, como consecuencia de actuacións ordinarias da USC tales como a análise de riscos psicosociais.
Poderá iniciarse a instancia de parte como consecuencia de denuncia da presunta vítima (ou vítimas no caso de que sexan varias), dunha terceira persoa, dunha entidade representativa dos traballadores e traballadoras (sindicato) ou do estudantado (asociación estudantil debidamente constituída).
En caso de que a denuncia non sexa presentada directamente pola persoa afectada, debe recadarse o seu consentimento expreso e informado para iniciar as actuacións do Protocolo.
A denuncia é recibida pola Oficina de Igualdade de Xénero que, no prazo de tres días, remitirá toda a documentación á presidencia da CAVISA que terá un prazo máximo de sete días para decidir se admite a trámite a denuncia.
No suposto de que a denuncia fose presentada por terceira persoa, por entidade representativa dos traballadores e traballadoras (sindicato) ou por entidade representativa do estudantado (asociación estudantil), con carácter previo a decisión a presidencia deberá facer chegar á presunta vítima (ou presuntas vítimas no caso de que fosen varias), coa debida confidencialidade da identidade da persoa (ou persoas) denunciante, o contido da denuncia para a súa ratificación.
De non obter a ratificación poderá procederse ao arquivo da denuncia comunicándollo á presunta vítima (ou presuntas vítimas), coa indicación de que o arquivo non impide que persoalmente poida formular a súa denuncia nos termos que considere, e á terceira persoa denunciante, sindicato ou asociación estudantil.
A CAVISA, xustificadamente, poderá acordar a inadmisión a trámite cando aprecie que as condutas descritas ou as persoas implicadas non se inclúen no ámbito obxectivo ou subxectivo de aplicación deste Protocolo.
O acordo de inadmisión será comunicado pola presidencia da CAVISA á persoa que conste como presunta vítima na denuncia ou á persoa representante, de tela designado, nos dous días hábiles seguintes á súa adopción.
No caso de admisión, a presidencia da CAVISA comunicará este feito á presunta vítima ou vítimas e á persoa ou persoas presuntamente agresoras, con indicación dos feitos denunciados, así como á persoa ou ás persoas delegadas designadas para a instrución do expediente.