Ir ao contido da páxina

Recoñecemento e validación de estudos

Solicitude de validación de estudos cursados en ensinanzas oficiais e recoñecemento de experiencia laboral e profesional

Identificación

Código: PXA-07/12

Nome: Recoñecemento e validación de estudos.

Clasificación: Xestión académica, Expedientes académicos, Solicitude de recoñecemento de estudos.

Inicio e instrucións

Enderezo de inicio: Formulario solicitude

FINALIDADE

Serve para que tanto os créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas noutras universidades ou títulos da propia universidade, así como a experiencia laboral e profesional acreditada polo estudante directamente relacionada coas competencias inherentes ao título que está a cursar, sexan recoñecidos e computados para a obtención do citado título.

DESCRICIÓN

O procedemento iníciase cunha solicitude que realiza o alumno a través do formulario correspondente, premendo no enderezo de inicio.

Os servizos administrativos da universidade verifican que o recoñecemento ou validación solicitados se axusten á normativa e, de ser o caso, trasladan o expediente ás autoridades académicas correspondentes para que verifiquen a congruencia dos contidos entre os respectivos plans de estudos. En función do resultado desas comprobacións, xestiónase a resolución, favorable ou non, que é notificada ao alumno.

A falta de resposta por parte da universidade, faculta ao interesado para entender desestimada a súa solicitude, por silencio administrativo negativo.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa,  cabe interpoñer recurso contencioso – administrativo no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á recepción. Non obstante, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, perante o órgano que ditou a resolución, debendo esperar á resolución deste recurso, no suposto de querer acudir á vía contencioso – administrativa.

Documentación asociada ó procedemento