Ir ao contido da páxina

Acreditación de estudos de linguas modernas

Solicitude de eficacia académica para estudos de linguas modernas cursados en institucións acreditadas

Identificación

Código: PXA-07/13

Nome: Acreditación de estudos de linguas modernas.

Clasificación: Xestión académica, Expedientes académicos, Solicitude de recoñecemento de estudos.

Inicio e instrucións

Enderezo de inicio: Formulario solicitude

FINALIDADE

Serve para que os estudos de linguas modernas realizados polo alumno en institucións acreditadas teñan eficacia académica para a obtención do título que se está a cursar na USC ou só para que sexan incluidos no expediente académico do alumno.

DESCRICIÓN

O procedemento iníciase mediante solicitude do alumnado a través do formulario correspondente, premendo no enderezo de inicio.

Os servizos administrativos da universidade verifican que o solicitado se axuste á normativa, en función do cal xestionan a resolución, favorable ou non, que é notificada ao alumno.

A falta de resposta por parte da universidade, faculta ao interesado para entender desestimada a súa solicitude, por silencio administrativo negativo.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa,  cabe interpoñer recurso contencioso – administrativo no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á recepción. Non obstante, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, perante o órgano que ditou a resolución, debendo esperar á resolución deste recurso, no suposto de querer acudir á vía contencioso – administrativa.

Documentación asociada ó procedemento