Ir ao contido da páxina

Solicitude de transferencia de créditos

Transferencia de créditos académicos obtidos con anterioridade para imputación ao expediente sen formar parte dos créditos computables para a obtención do título oficial.

Identificación

Código: PXA-07/14

Nome: Solicitude de transferencia de créditos.

Clasificación: Xestión académica, Expedientes académicos, Cambios e correccións no expediente.

Inicio e instrucións

Enderezo de inicio: Formulario solicitude

FINALIDADE

Serve para incluír no expediente do/a alumno/a os créditos e actividades obtidos con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, aos efectos da súa constancia no expediente académico sen que formen parte dos créditos que conducirán á obtención do título oficial.

DESCRICIÓN

O procedemento iníciase mediante solicitude da persoa interesada a través do formulario correspondente, premendo no enderezo de inicio.

Os servizos administrativos da universidade verifican que a transferencia de créditos solicitada se axuste á normativa e ás determinacións do plan de estudos que se está a cursar. En función do resultado desas comprobacións, xestiónase a resolución, favorable ou non, que é notificada ao alumno.

A falta de resposta por parte da universidade, faculta ao interesado para entender desestimada a súa solicitude, por silencio administrativo negativo.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso – administrativo no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á recepción. Non obstante, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, perante o órgano que ditou a resolución, debendo esperar á resolución deste recurso, no suposto de querer acudir á vía contencioso – administrativa.

Este procedemento require o pagamento de taxas.

Documentación asociada ó procedemento