Ir ao contido da páxina

Solicitude de recoñecemento de actividades e competencias transversais

Solicitude de recoñecemento de actividades e competencias transversais

Identificación

Código: PXA-07/16

Nome: Solicitude de recoñecemento de actividades e competencias transversais.

Clasificación: Xestión académica, Expedientes académicos, Solicitude de recoñecemento de estudos.

Inicio e instrucións

Enderezo de inicio: Formulario solicitude

FINALIDADE

Serve para incorporar ao expediente académico actividades realizadas polo/a estudante sen que exista necesariamente a tutela ou programación do centro no que cursa estudos e que contribúan a completar a formación esixida para a obtención do título.

 

DESCRICIÓN

O procedemento iníciase mediante solicitude da persoa interesada a través do formulario correspondente, premendo no enderezo de inicio.

Os servizos administrativos da universidade verifican que a imputación de actividades solicitada se axuste á normativa, en función do cal xestionan a resolución, favorable ou non, que é notificada ao alumno.

A falta de resposta por parte da universidade, faculta ao interesado para entender desestimada a súa solicitude, por silencio administrativo negativo.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso – administrativo no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á recepción. Non obstante, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, perante o órgano que ditou a resolución, debendo esperar á resolución deste recurso, no suposto de querer acudir á vía contencioso – administrativa.

Este procedemento require o pagamento de taxas.

Documentación asociada ó procedemento