Ir ao contido da páxina

Solicitude de acceso ao expediente administrativo das persoas interesadas

Solicitude de acceso ao expediente administrativo das persoas interesadas

Identificación

Código: PAE-4

Nome: Solicitude de acceso ao expediente administrativo das persoas interesadas.

Clasificación: Procedemento administrativo, Expediente administrativo, Acceso ao expediente administrativo.

Inicio e instrucións

Enderezo de inicio: Solicitude de acceso ao expediente administrativo das persoas interesadas

Finalidade

Este procedemento deséñase para que as persoas interesadas nun procedemento administrativo poda exercer o seu dereito a acceder aos expedientes nos que figuran como tal de acordo co disposto no artigo 53 da Lei 39/2025 do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Descrición

As persoas físicas e xurídicas teñen dereito a coñecer a documentación que configura un expediente administrativo aberto sempre que teñan a condición de persoas interesadas. Non serán obxecto deste dereito aquelas solicitudes que sexan obxecto de dereitos de acceso á información pública ou para as que se estableza un procedemento administrativo específico distinto.

O procedemento iníciase coa presentación da solicitude de acceso ao expediente administrativo das persoas interesadas no Catálogo de Procedementos da sede electrónica da USC.

A solicitude trasladarase á unidade administrativa na que obre o expediente que decidirá se a admite ou non a trámite.

Se a solicitude se admite a trámite a unidade administrativa contactará coa persoa interesada para a súa eficacia.

Se a solicitude non se admitise a trámite a unidade administrativa competente comunicará de xeito motivado esta circunstancia á persoa solicitante.

 

Documentación asociada ó procedemento