Ir ao contido da p�xina

Solicitude xenérica

Solicitude xenérica

Identificación

Código: PAE-9

Nome: Solicitude xenérica.

Clasificación: Procedemento administrativo, Solicitudes, Solicitude xenérica.

Inicio e instrucións

Enderezo de inicio: Solicitude xenérica

Finalidade

Permite presentar electronicamente unha solicitude, escrito ou comunicación cando estes trámites non teñan establecido un sistema ou modelo específico. Debe dirixirse a un órgano/servizo/unidade da Universidade de Santiago de Compostela.

Descrición

Se o trámite que vai realizar está relacionado cun procedemento definido no Catálogo de Procedementos da Sede Electrónica, terá que utilizar obrigatoriamente o formulario específico indicado no catálogo en lugar do modelo xenérico. Polo tanto, recomendámoslle que primeiro busque o formulario específico para o trámite que vai realizar no catálogo de procedementos e, no caso de non atopalo, utilice a solicitude xenérica.

As persoas interesadas deberán achegar todos os datos necesarios, previstos no formulario xenérico, para a remisión electrónica de solicitudes, escritos ou comunicacións e, en particular, deberán identificar axeitadamente o órgano, servizo ou unidade da Universidade de Santiago de Compostela a quen dirixen a documentación.

Documentación asociada ó procedemento