Solicitude de recollida de títulos por unha terceira persoa
Solicitude de recollida de títulos por unha terceira persoa
Identificación
Código: PAE 23/24
Nome: Solicitude de recollida de títulos por unha terceira persoa.
Clasificación: Xestión académica, Títulos académicos, Expedición de títulos e duplicados.
Inicio e instrucións
Enderezo de inicio: Formulario de solicitude
Finalidade
Este procedemento ten por obxecto xestionar as solicitudes para que un título académico poda ser recollido por unha persoa distinta á titulada mediante a correspondente acreditación da representación.
Descrición
A solicitude consiste en encher os campos indicados e xuntar o apoderamento asinado electronicamente polo outorgante e o representante cuxo modelo figura na documentación asociada ao procedemento , así como os documentos identificativos destes.
Unha vez recibida a solicitude, na oficina de asistencia en materia de rexistros comprobarase se a documentación é correcta. No caso de detectarse algunha eiva na solicitude ou na documentación asociada, requiriráselle á persoa estudante que a emende nun prazo de 10 días. No caso de que non emende a solicitude entenderase esta por desestimada.
Se a solicitude e a documentación asociada está correcta, a oficina de asistencia en materia de rexistros confirmará por correo electrónico a representación e á trasladará a unidade administrativa correspondente para que produza efectos.
No momento da recollida do título por unha terceira persoa, esta deberá presentar na unidade administrativa correspondente o mesmo documento identificativo que o indicado na solicitude.