Matrícula ordinaria de inicio de estudos
Formalización de matrícula ordinaria de inicio de estudos
Identificación
Código: PXA-03/0
Nome: Matrícula ordinaria de inicio de estudos.
Clasificación: Xestión académica, Matrícula, Ordinaria.
Inicio e instrucións
Enderezo de inicio: Aplicación de matrícula para alumnos de novo ingreso
FINALIDADE
Serve para que o estudante admitido para iniciar estudos na USC formalice a súa matrícula, a través da aplicación informática no caso de titulacións oficiais, ou ben presentando un formulario no suposto de títulos propios.
DESCRICIÓN
Unha vez admitido, o alumno pode efectuar a súa matrícula seguindo os pasos que lle marca o proceso automatizado dispoñible a través da ligazón de inicio deste procedemento.
No caso de estudantes admitidos en títulos propios, deberán presentar o formulario correspondente, dirixido á Sección de Posgrao e Terceiro Ciclo, xunto coa documentación necesaria en función do título, mediante os seguintes pasos:
1.- Descargar e cubrir o formulario de solicitude que se pode atopar entre os documentos asociados a este procedemento, en formato Word ou Open Office.
2.- Gardar o documento no propio computador.
3.- Para este paso, é preciso dispoñer dun programa de conversión de documentos a formato PDF, (existen numerosas versións gratuitas accesibles en internet). Deberá premer en "Arquivo", a continuación en "Gardar como" e seleccionar o formato PDF, ou ben, premer en "Imprimir" e seleccionar como impresora calquera que convirta o documento nese formato.
4.- Ir, dentro do apartado “Servizos persoais” da sede, á opción “Rexistro electrónico” e, despois de encher os datos que se solicitan, xuntar á solicitude o documento gardado previamente e realizar o rexistro.