Ir ao contido da páxina

Adaptación de estudos cursados

Solicitude de adaptación de estudos cursados para a mesma titulación oficial

Identificación

Código: PXA-07/2

Nome: Adaptación de estudos cursados.

Clasificación: Xestión académica, Expedientes académicos, Solicitude de recoñecemento de estudos.

Inicio e instrucións

Enderezo de inicio: Solicitude na secretaría virtual

FINALIDADE

Serve para que tanto as materias que se correspondan coa mesma titulación superadas consonte a un plan de estudos en proceso de extinción ou os realizados noutra universidade, vexan recoñecida a súa eficacia académica sempre que conduzan á obtención da mesma titulación oficial.

DESCRICIÓN

O procedemento iníciase cunha solicitude que realiza o alumno a través do formulario correspondente.

Os servizos administrativos da universidade verifican que a adaptación solicitada se axuste á normativa e trasladan o expediente ás autoridades académicas correspondentes para que verifiquen a congruencia dos contidos entre os respectivos plans de estudos. En función do resultado desas comprobacións, xestiónase a resolución, favorable ou non, que é notificada ao alumno.

Documentación asociada ó procedemento