Transferencia de créditos académicos
Transferencia de créditos académicos obtidos con anterioridade para imputación ao expediente sen formar parte dos créditos computables para a obtención do título oficial
Identificación
Código: PXA-07/6
Nome: Transferencia de créditos académicos.
Clasificación: Xestión académica, Expedientes académicos, Cambios e correccións no expediente.
Inicio e instrucións
FINALIDADE
Serve para incluír no expediente do alumno os créditos e actividades obtidos con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, aos efectos da súa constancia no expediente académico sen que formen parte dos créditos que conducirán á obtención do título oficial.
DESCRICIÓN
O procedemento iníciase cunha solicitude que realiza o alumno a través do formulario correspondente, debendo seguir os pasos que se relatan a continuación:
1.- Descargar e cumprimentar o formulario de solicitude que se pode atopar entre os documentos asociados a este procedemento
2.- Gardar o documento no propio computador
3.- Para este paso, é preciso dispoñer dun programa de conversión de documentos a formato PDF, (existen numerosas versións gratuítas accesibles en internet). Deberá premer en "Arquivo", a continuación en "Gardar como" e seleccionar o formato PDF, ou ben, premer en "Imprimir" e seleccionar como impresora calquera que converta o documento nese formato.
4.- Ir, dentro do apartado “Servizos persoais” da sede, á opción “Rexistro electrónico” e, despois de encher os datos que se solicitan, xuntar á solicitude o documento gardado previamente e realizar o rexistro.
Os servizos administrativos da universidade verifican que a transferencia de créditos solicitada se axuste á normativa e ás determinacións do plan de estudos que se está a cursar. En función do resultado desas comprobacións, xestiónase a resolución, favorable ou non, que é notificada ao alumno.
A falta de resposta por parte da universidade, faculta ao interesado para entender desestimada a súa solicitude, por silencio administrativo negativo.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso – administrativo no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á recepción. Non obstante, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, perante o órgano que ditou a resolución, debendo esperar á resolución deste recurso, no suposto de querer acudir á vía contencioso – administrativa.