Renuncia a convocatorias de exame
Solicitude de renuncia a convocatorias de exame
Identificación
Código: PXA-07/7
Nome: Renuncia a convocatorias de exame.
Clasificación: Xestión académica, Expedientes académicos, Cambios e correccións no expediente.
Inicio e instrucións
Enderezo de inicio: Solicitude na secretaría virtual
FINALIDADE
Serve para que un estudante matriculado na USC poda renunciar, con independencia da causa, a unha convocatoria e unha única vez por materia. A renuncia non terá efectos unha vez realizada a totalidade da avaliación da materia, unha vez aceptada non será posible desistir da mesma e non xerará dereitos de devolución de prezos públicos.
DESCRICIÓN
O procedemento iníciase cunha solicitude que realiza o alumno a través do formulario correspondente na súa secretaría virtual.
Os servizos administrativos da universidade verifican que a renuncia solicitada se axuste á normativa e ao desenvolvemento do curso que se está a realizar, en función do cal xestionan a resolución, favorable ou non, que é notificada ao alumno.