Modificación de datos persoais no expediente
Modificación de datos persoais do estudante no seu expediente académico
Identificación
Código: PXA-07/10
Nome: Modificación de datos persoais no expediente.
Clasificación: Xestión académica, Expedientes académicos, Cambios e correccións no expediente.
Inicio e instrucións
Enderezo de inicio: Secretaría virtual-datos persoais
FINALIDADE
Serve para que o estudante modifique e corrixa en calquera momento os datos persoais que constan no seu expediente académico.
DESCRICIÓN
Para un conxunto de datos que non afectan á identificación persoal (por exemplo, enderezo, teléfono), o alumno pode realizar directamente os cambios no seu expediente a través da secretaría virtual. Para os datos que si afectan á súa identificación (por exemplo, nome e apelidos, NIF), ten que realizar unha solicitude que é xestionada polos servizos administrativos da universidade.