Ir ao contido da p�xina

Traslado dun expediente da USC a outra universidade española

Solicitude de traslado do expediente a outras universidades, tanto para iniciar como para continuar estudos

Identificación

Código: PXA-07/12

Nome: Traslado dun expediente da USC a outra universidade española.

Clasificación: Xestión académica, Expedientes académicos, Cambios e correccións no expediente.

Inicio e instrucións

Enderezo de inicio: Formulario solicitude

FINALIDADE

Este procedemento está dirixido a:

  • Alumnos que iniciaron unha titulación oficial na USC e van a empezar a mesma ou distinta titulación noutra universidade.

DESCRICIÓN

O procedemento iníciase mediante a solicitude da persoa interesada a través do formulario correspondente, premendo no enderezo de inicio.

A persoa interesada deberá achegar a carta de admisión expedida pola universidade de destino.

A UXA correspondente comprobará que a solicitude se axusta á normativa e enviará ao solicitante, no caso de ser correcta, os impresos de taxas para liquidar os dereitos de traslado.

Unha vez que o interesado acredite o pagamento, a UXA remitiralle un xustificante de ter solicitado o traslado.

Este procedemento require o pagamento de taxas.

Documentación asociada ó procedemento