Ir ao contido da p�xina

Solicitude de expedición de títulos

Solicitude de expedición do título universitario unha vez cumpridos os requisitos sinalados no plano de estudos

Identificación

Código: PXA-05/1

Nome: Solicitude de expedición de títulos.

Clasificación: Xestión académica, Títulos académicos, Expedición de títulos e duplicados.

Inicio e instrucións

FINALIDADE

Este procedemento está dirixido aos alumnos que estean en condicións de obter o seu título, de acordo co plan de estudos correspondente.

DESCRICIÓN

O procedemento iníciase mediante solicitude do interesado. No caso dos títulos oficiais, fará constar se desexa que a certificación supletoria lle sexa enviada ao seu domicilio ou vai ser retirada de xeito presencial.

A solicitude pode presentarse de acordo cos seguintes pasos:

1.- Descargar e cubrir o formulario de solicitude que se pode atopar entre os documentos asociados a este procedemento, en formato Word ou Open Office.

2.- Gardar o documento no propio computador.

3.- Para este paso, é preciso dispoñer dun programa de conversión de documentos a formato PDF, (existen numerosas versións gratuítas accesibles en internet). Deberá premer en "Arquivo", a continuación en "Gardar como" e seleccionar o formato PDF, ou ben, premer en "Imprimir" e seleccionar como impresora calquera que converta o documento nese formato.

4.- Ir, dentro do apartado “Servizos persoais” da sede, á opción “Rexistro electrónico” e, despois de encher os datos que se solicitan, xuntar á solicitude o documento gardado previamente e realizar o rexistro.

Os servizos administrativos da universidade verifican que reúne os requisitos para a expedición do título, en función do cal xestionan a resolución, favorable ou non, que é notificada ao alumno e xerará un impreso de liquidación polo importe do prezo público fixado no seu caso.

Unha vez realizado o pagamento, o interesado deberá acreditalo para que quede formalizada a solicitude de expedición do título.

No suposto dunha resolución desfavorable, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso – administrativo no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á recepción. Non obstante, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, perante o órgano que ditou a resolución, debendo esperar á resolución deste recurso, no suposto de querer acudir á vía contencioso – administrativa.

Documentación asociada ó procedemento