Ir ao contido da p�xina

Expedición de duplicados de títulos e diplomas

Expedición de duplicados de títulos e diplomas

Identificación

Código: PXA-05/2

Nome: Expedición de duplicados de títulos e diplomas.

Clasificación: Xestión académica, Títulos académicos, Expedición de títulos e duplicados.

Inicio e instrucións

Enderezo de inicio: Formulario de solicitude

FINALIDADE

Este procedemento serve para solicitar a expedición dun novo título, previa anulación do título orixinal, nos supostos de extravío, destrución ou deterioro do mesmo, ou ben nos supostos de que se produzan alteracións derivadas do cambio de nome, de nacionalidade ou de calquera outra que afecte ao contido do título e deba reflectirse no texto.

DESCRICIÓN

O procedemento iniciarase de oficio cando a causa sexa imputable á universidade, ou mediante solicitude por causa imputable ao interesado. A solicitude de duplicado debe acompañar o título orixinal agás nos casos de extravío ou deterioro total, e presentarase mediante o formulario electrónico habilitado para este procedemento.

Os servizos administrativos promoverán a publicación dun anuncio no BOE, que será por conta do interesado, e tramitará o expediente de duplicación unha vez transcorridos 30 días desde a citada publicación. A expedición do duplicado do título será notificada ao interesado para a súa retirada.

Documentación asociada ó procedemento