Ir ao contido da páxina

Equivalencia de títulos estranxeiros para acceso a máster, doutoramento e títulos propios

Solicitude de equivalencia de estudos estranxeiros para acceder a cursar estudos de Máster, Doutoramento ou títulos propios na USC

Identificación

Código: PXA-05/4

Nome: Equivalencia de títulos estranxeiros para acceso a máster, doutoramento e títulos propios.

Clasificación: Xestión académica, Títulos académicos, Equivalencia de títulos.

Inicio e instrucións

Enderezo de inicio: Formulario solicitude

FINALIDADE

Este procedemento está dirixido ao alumnado titulado conforme a sistemas educativos estranxeiros que sexan admitidos en estudos de Máster oficial, estudos de Doutoramento ou títulos propios. Este alumnado deberá acreditar un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e que facultan para o acceso a ese nivel de ensino no país expedidor do título. O acceso por esta vía non implica, en ningún caso, a homologación previa do título nin o seu recoñecemento a outros efectos.

DESCRICIÓN

O procedemento iníciase mediante solicitude da persoa interesada a través do formulario correspondente, premendo no enderezo de inicio.

A persoa solicitante deberá achegar a seguinte documentación:

  • Documento de identidade
  • Certificación académica dos estudos universitarios que recolla a duración dos estudos, anos académicos, materias cursadas, carga lectiva de cada materia (horas ou créditos), cualificacións e escala de cualificacións
  • Título universitario

A documentación presentarase debidamente traducida e legalizada.

Aqueles documentos que non poidan ser verificados de forma electrónica, deberán presentarse físicamente no Servizo de Xestión Académica.

Este procedemento requiere o pagamento de taxas.

O Servizo de Xestión Académica resolverá a solicitude de equivalencia, notificándoa ao interesado. As resolucións desestimatorias levarán aparellada a anulación de cantos actos se derivaran da admisión e da matrícula formalizada.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa,  cabe interpoñer recurso contencioso – administrativo no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á recepción. Non obstante, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, perante o órgano que ditou a resolución, debendo esperar á resolución deste recurso, no suposto de querer acudir á vía contencioso – administrativa.

Documentación asociada ó procedemento