Ir ao contido da p�xina

Presentación solicitudes de creación, modificación e supresión de Departamentos

Este procedemento serve para dar cumprimento ao establecido no artigo 15 do Regulamento de creación, modificación e supresión de departamentos da USC.

Identificación

Código: OI-01/2

Nome: Presentación solicitudes de creación, modificación e supresión de Departamentos.

Clasificación: Organización interna, Reorganización de departamentos, Solicitudes de fusión.

Inicio e instrucións

FINALIDADE

Este procedemento serve para dar cumprimento ao establecido no artigo 15 do Regulamento de creación, modificación e supresión de departamentos da USC, e poder presentar as solicitudes de creación e fusión de departamentos, sempre que os solicitantes cumpran as condicións establecidas.

O escrito de presentación de solicitude estará asinado polos departamentos implicados no procedemento

A solicitude de creación, modificación ou supresión do departamento dirixirase á Vicerreitoría de Organización Académica e Persoal Docente e Investigador. Na solicitude, ademais dos datos identificativos dos axentes promotores da iniciativa e do tipo de solicitude, deberanse cumprimentar os seguintes extremos:

• As razóns que xustifiquen a creación ou modificación do departamento.

• A denominación proposta para o departamento e a súa sede.

• A relación da totalidade do Persoal Docente e Investigador que o compoñería, con indicación da súa área de coñecemento.

• A adscrición de prazas vacantes dotadas orzamentariamente.

• A relación de materias en cuxa docencia participan os membros do departamento.

• A adscrición dos grupos de investigación.

• A adscrición de representantes electos nos órganos colexiados que corresponda.

• A estrutura de goberno provisoria.

• A determinación da xestión económica e do reparto dos créditos orzamentarios.

• A adscrición do material inventariable e espazos ao departamento creado ou modificado.

Non será preciso introducir a información que se atope a disposición da Vicerreitoría de Organización Académica e Persoal Docente e Investigador, da Xerencia ou da Vicerreitoría de Investigación e Innovación, e que así se sinala nos propios formularios.

As solicitudes presentadas non poderán ser modificadas a través deste procedemento unha vez rematado o prazo de presentación de solicitude.

O prazo será o establecido mediante Instrución da Vicerreitoría de Organización Académica e PDI.

DESCRICIÓN

 

O procedemento iníciase cunha solicitude que realizan os axentes promotores a través do formulario correspondente, debendo seguir os pasos que se relatan a continuación:

1.- Descargar e encher o formulario de solicitude que se atopa entre os documentos asociados a este procedemento.

2.- Gardar o formulario no propio computador.

3.- Para este paso, é preciso dispoñer dun programa de conversión de documentos a formato PDF, (existen numerosas versións gratuítas accesibles en internet). Deberá premer en "Arquivo", a continuación en  "Gardar como" e seleccionar o formato PDF, ou ben, premer en "Imprimir" e seleccionar como impresora calquera que converta o documento nese formato.

4.- Ir, dentro do apartado “Servizos persoais” da sede, á opción “Rexistro electrónico” e, despois de encher os datos que se solicitan, xuntar á solicitude os documentos gardados previamente e realizar o rexistro.

A presentación desta solicitude require sinatura electrónica con certificado dixital.

Documentación asociada ó procedemento