Presentación de recurso de alzada
Presentación de recurso de alzada.
Identificación
Código: RR-01/1
Nome: Presentación de recurso de alzada.
Clasificación: Recursos e reclamacións, Recursos, Recurso de alzada.
Inicio e instrucións
Enderezo de inicio: Recurso de alzada
FINALIDADE
Este procedemento serve para dar cumprimento ao artigo 112 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do procedemento administrativo común, e o artigo 73 do Estatutos da USC, aprobados por Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (D.O.G. nº 29, do 12 de febreiro de 2014), no senso de que unha vez comunicado un acto definitivo que non poña fin á vía administrativa, os interesados poderán presentar reclamación sobre o mesmo dirixida ao Reitor ou ao Consello de Goberno, ante o mesmo órgano que o ditou ou directamente ante o Reitor.
DESCRICIÓN
O procedemento iníciase coa presentación da solicitude no rexistro da universidade. No enderezo de inicio do procedemento está dispoñible o formulario que se debe cubrir e asinar de xeito electrónico.
A Asesoría Xurídica recibe e tramita o procedemento e require, de ser necesario, que se achegue a documentación que poida precisarse ou que se completen os datos requiridos.
De ser preciso, solicítase informe do alegado no recurso.
O proceso remata coa resolución do Reitor ou do Consello de Goberno, segundo o caso, a ese recurso, que se lle notifica á persoa interesada.
O prazo para presentación e resolución dos recursos de alzada son os establecidos no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do procedemento administrativo común, que pode consultar en:
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2015-10565&p=20151002&tn=2
Se se desexa interpoñer un recurso contra actos en materia de xestión académica, como poden ser os seguintes:
- Validacións de estudos estranxeiros
- Recoñecemento de estudos
- Anulacións e modificacións de matrícula
- Admisións
- Simultaneidades
- Subvencións e exencións de prezos
- Apoio titorial extraordinario
- Revisión de cualificacións
- Recoñecemento de estudos cursados en programas nacionais ou internacionais
debe realizarse a través do seguinte procedemento: