Ir ao contido da p�xina

Recurso potestativo de reposición

Presentación de recurso de reposición.

Identificación

Código: RR-01/2

Nome: Recurso potestativo de reposición.

Clasificación: Recursos e reclamacións, Recursos, Recurso potestativo de reposición.

Inicio e instrucións

Enderezo de inicio: Recurso de reposición

FINALIDADE

Este procedemento serve para dar cumprimento ao artigo 112 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do procedemento administrativo común, no senso de que unha vez comunicado un acto definitivo que poña fin á vía administrativa, os interesados poderán presentar reclamación sobre o mesmo dirixida ao Reitor.

Non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que se resolva expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

DESCRICIÓN

O procedemento iníciase coa presentación da solicitude no rexistro da universidade. No enderezo de inicio do procedemento está dispoñible o formulario que se debe cubrir e asinar de xeito electrónico.

A Asesoría Xurídica recibe e tramita o procedemento e require, de ser necesario, que se achegue a documentación que poida precisarse ou que se completen os datos requiridos.

De ser preciso, solicítase informe do alegado no recurso.

O proceso remata coa resolución do Reitor a ese recurso, que se lle notifica á persoa interesada.

O prazo para presentación e resolución dos recursos de reposición son os establecidos no artigo 124 da Lei 39/2015, de 1 de outubro do procedemento administrativo común, que pode consultar en:

https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2015-10565&p=20151002&tn=2

Se se desexa interpoñer un recurso contra actos en materia de xestión académica, como poden ser os seguintes:

  • Validacións de estudos estranxeiros
  • Recoñecemento de estudos
  • Anulacións e modificacións de matrícula
  • Admisións
  • Simultaneidades
  • Subvencións e exencións de prezos
  • Apoio titorial extraordinario
  • Revisión de cualificacións
  • Recoñecemento de estudos cursados en programas nacionais ou internacionais

 

debe realizarse a través do seguinte procedemento:

Documentación asociada ó procedemento