Ir ao contido da páxina

Concurso Público de méritos, para a contratación de persoal que especificamente colabore en actividades e proxectos de investigación

Concurso Público de méritos, para a contratación de persoal que especificamente colabore en actividades e proxectos de investigación

Identificación

Código: CPI-01/1

Nome: Concurso Público de méritos, para a contratación de persoal que especificamente colabore en actividades e proxectos de investigación.

Clasificación: Xestión de persoal, Procesos de contratación, Colaboración en actividades e proxectos de I+D.

Inicio e instrucións

Enderezo de inicio: Formulario solicitude

FINALIDADE

Este procedemento ten por obxecto a contratación de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación que figuran no anexo I da convocatoria. O persoal contratado colaborará e traballará especifica e unicamente na actividades ou proxecto de investigación para o que é contratado, que é de carácter finalista e en todo caso non estrutural, mediante o financiamento externo a través da participación en convocatorias públicas ou privadas, subscrición de convenios, concesión de subvencións, etc.

DESCRICIÓN

O procedemento iníciase coa presentación da solicitude na sede electrónica da USC. No enderezo de inicio do procedemento está dispoñible o formulario que se debe cubrir e asinar de xeito electrónico.

As persoas estranxeiras poderán identificarse e asinar a través de medios sociais (google, twitter, facebook, microsoft). As solicitudes enviadas por persoas de nacionalidade española utilizando estes medios non serán válidas e non se terán por presentadas.

O Servizo de Convocatorias e Recursos Humanos de I+D recibe e tramita o procedemento e require, de ser necesario, que se achegue a documentación que poida precisarse ou que se completen os datos requiridos.

 

As emendas deben realizarse a través do seguinte formulario:

Ligazón ao formulario de emendas

O proceso remata coa contratación das persoas seleccionadas.

O prazo máximo para resolver é de 3 meses a contar desde o día no que se inicie o período de presentación de solicitudes. Se transcorrido o dito prazo non se tivese publicado a resolución, os interesados están lexitimados para entender desestimadas as súas solicitudes.

Contra a resolución de selección de persoal, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación de conformidade cos artigos 46 e 8 da Lei da Xurisdición contencioso-administrativa, aprobada por Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Non obstante, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que o ditou. Neste caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Documentación asociada ó procedemento