Solicitude de envío de título propio non oficial a Embaixadas (estranxeiro) ou domicilios (España)
Solicitude de envío de título propio non oficial a Embaixadas (estranxeiro) ou domicilios (España)
Identificación
Código: PAE-21-3
Nome: Solicitude de envío de título propio non oficial a Embaixadas (estranxeiro) ou domicilios (España).
Clasificación: Xestión académica, Títulos académicos, Envío de títulos.
Inicio e instrucións
Enderezo de inicio: Solicitude de envío de título propio non oficial a Embaixadas (estranxeiro) ou domicilios (España)
FINALIDADE
Este procedemento está dirixido exclusivamente ao alumnado que cursara e obtivera unha titulación propia( non oficial).
Se o interesado fai constar un domicilio debe ser en España, non se farán envíos a domicilios no estranxeiro, só á embaixada española no país.
O envío está suxeito ao pago de taxas (recibirá por correo electrónico o xustificante para o pagamento).
DESCRIPCIÓN
O procedemento iníciase mediante unha solicitude do interesado. Unha vez comprobados os datos do interesado e que o título foi expedido, emitiranse as taxas correspondentes e enviaranse ao interesado. Unha vez remitido o xustificante de pagamento, procederase ao envío.
Os servizos administrativos enviarán unha comunicación ao interesado cando se produza a remisión do Título ao lugar indicado na solicitude.