Ir ao contido da p�xina

Solicitude de equivalencia do título de Doutor obtido no estranxeiro

Solicitude de equivalencia do título de Doutor obtido no estranxeiro

Identificación

Código: PAE-21-1

Nome: Solicitude de equivalencia do título de Doutor obtido no estranxeiro.

Clasificación: Xestión académica, Títulos académicos, Equivalencia de títulos.

Inicio e instrucións

Enderezo de inicio: Solicitude de equivalencia

FINALIDADE

Este procedemento está dirixido a calquera persoa que posúa un título de Doutor obtido nun país estranxeiro e desexe solicitar a equivalencia a nivel académico de doutor en España, para así obter o recoñecemento oficial en España do título de doutor realizado no estranxeiro.

DESCRICIÓN

O procedemento iníciase mediante solicitude da persoa interesada, dirixida ao Reitor. Esta solicitude pódese presentar en calquera momento do curso académico.

Para poder tramitar a solicitude é imprescindible presentar toda a documentación necesaria e que consta neste apartado.

Para completar a solicitude deberá efectuar o pagamento establecido (114,34 €).

Documentación que é necesario aportar:

1.- Solicitude de equivalencia a nivel académico de doutor do Título de Doutor.

2.- Copia DNI ou Pasaporte.

3.- Título Universitario de Doutor cuxa equivalencia se solicita.

4.- Título Universitario de Posgrao.

5.- Certificación Académica dos estudos universitarios de Posgrao, na que conste, entre outros extremos, a duración oficial, en anos académicos, do programa de estudos seguido, as materias cursadas, a carga horaria de cada unha de elas, as cualificacións e a escala de cualificacións.

6.- Exemplar da Tese Doutoral.

7.- Memoria explicativa da Tese realizada, redactada en castelán/galego con indicación dos membros do Tribunal e a cualificación (Mínimo 3000 palabras).

8.- Información complementaria recomendable:

- Certificación Académica dos estudos universitarios superiores (Grao, Licenciatura, Enxeñaría, Bacharel…), na que conste, entre outros extremos, a duración oficial, en anos académicos, do programa de estudos seguido, as materias cursadas, a carga horaria de cada unha delas, as cualificacións e a escala de cualificacións.

- Sistema de acceso, nivel académico que se esixe para poder cursar os estudos obxecto de homologación.

- Cursos ou actividades realizados. Esta información debe ser proporcionada pola Universidade que expediu o título ou polas autoridades académicas do país de orixe.

9.- Declaración responsable de non ter concedida a equivalencia noutra Universidade, conforme á disposición adicional quinta, punto 4, do Real decreto 967/2014, de 21 de novembro.

10.- Acreditación do pago da tarifa de equivalencia do título de doutor (114,34 €) 

A documentación presentarase debidamente traducida e legalizada.

Os servizos administrativos da universidade verifican que a solicitude se axuste á normativa, en función do cal xestionan a resolución, favorable ou non, que é notificada ao alumno.

A falta de resposta por parte da universidade, faculta ao interesado para entender desestimada a súa solicitude, por silencio administrativo negativo.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso – administrativo no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á recepción. Non obstante, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, perante o órgano que ditou a resolución, debendo esperar á resolución deste recurso, no suposto de querer acudir á vía contencioso–administrativa.

 

Documentación asociada ó procedemento