Ir ao contido da páxina

Solicitude de homologación de títulos de Máster e Doutor

Solicitude de homologación de títulos de Máster e Doutor obtidos en sistemas educativos estranxeiros

Identificación

Código: PXA-05/5

Nome: Solicitude de homologación de títulos de Máster e Doutor.

Clasificación: Xestión académica, Títulos académicos, Homologación e equivalencia de títulos.

Inicio e instrucións

FINALIDADE

Este procedemento serve para homologar títulos obtidos en sistemas educativos estranxeiros aos títulos de Máster e Doutor da Universidade de Santiago de Compostela.A homologación dun título outorga plenos efectos académicos ao mesmo.

DESCRICIÓN

O procedemento iniciarse mediante solicitude do interesado, presentada en calquera momento e dirixida ao Servizo de Xestión Académica. A solicitude deberá ir acompañada da documentación establecida na normativa aplicable, e reunir os requisitos fixados nela.

Esta solicitude poderá presentarse realizando os seguintes pasos:

1.- Descargar e cubrir o formulario de solicitude que se pode atopar entre os documentos asociados a este procedemento, en formato Word ou Open Office.

2.- Gardar o documento no propio computador.

3.- Para este paso, é preciso dispoñer dun programa de conversión de documentos a formato PDF, (existen numerosas versións gratuítas accesibles en internet). Deberá premer en "Arquivo", a continuación en  "Gardar como" e seleccionar o formato PDF, ou ben, premer en "Imprimir" e seleccionar como impresora calquera que converta o documento nese formato.

4.- Ir, dentro do apartado “Servizos persoais” da sede, á opción “Rexistro electrónico” e, despois de encher os datos que se solicitan, xuntar á solicitude o documento gardado previamente e realizar o rexistro.

O Servizo de Xestión Académica comprobará que a documentación está completa e reúne os requisitos esixidos. De non ser así, requirirá do alumno a mellora e subsanación da solicitude.

Unha vez cumpridos os trámites preceptivos, a resolución comunicarase ao interesado.

A falta de resposta por parte da universidade, faculta ao interesado para entender desestimada a súa solicitude, por silencio administrativo negativo.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso – administrativo no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á recepción. Non obstante, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, perante o órgano que ditou a resolución, debendo esperar á resolución deste recurso, no suposto de querer acudir á vía contencioso – administrativa.

Documentación asociada ó procedemento